O IES Magallanes, a través dos seus alumnos do ciclo de emerxencias sanitarias xunto coa Escola de Promoción da Saúde, quixo colaborar connosco para cardioprotectar o seu centro.
O seu obxectivo era adquirir un desfibrilador semiautomático sen custo a través da venda das nosas pulseiras salvavidas por 3 €. Grazas á colaboración de todo o centro, alcanzouse o obxectivo en tempo récord.
Xuntos salvamos vidas.